Friccións
La catástrofe del Prestige es, para una generación, un acontecimiento que se encuentra en el límite de la desmemoria. Ciertamente, podría ser un eco, una resonancia. Una herida mal curada.
Las 64.000 toneladas de fuel derramadas por el petrolero en noviembre de 2002 originaron uno de los mayores ecocidios de la historia de Europa. Una negligencia grave dentro del modelo decadente, contaminante y próximo al colapso que alimenta el mundo, fue capaz de sepultar cientos de kilómetros de costa gallega.
Friccións (Fricciones) evoca el rastro de violencia que dejó en la Costa da Morte el naufragio del Prestige. Dos décadas después de su hundimiento muchas de las rocas conservan sobre su superficie una oscuridad que remite a trazas de chapapote. En algunos casos, la huella resulta evidente; en otros, es fácil confundirla con elementos orgánicos semejantes. La presunción se incorpora como metodología de trabajo para reflexionar acerca de las tensiones existentes entre la erosión natural y la antrópica, entre el recuerdo del accidente y la desaparición de todo vestigio.
Fotografiar ciertos espacios e indicios permite reconstruir una memoria no vivida de lo ocurrido. Al mismo tiempo, ayuda a alertar de su posible repetición: el riesgo inminente continúa habitando el presente globalizado.
En este proyecto exploro un paisaje, un acontecimiento y un vacío en la memoria. A través de una serie de acciones propongo mi punto de vista alrededor del desastre del Prestige, un tema que sirve como pretexto para ahondar, desde los límites, en esa subjetividad.
El Prestige se hundió cuándo yo tenía seis años. Apenas recuerdo lo que ocurrió, supongo que la magnitud del problema superaba mis límites de comprensión.
Pienso que la mayor parte de las personas que nacimos en los noventa compartimos la sensación de haber vivido todo aquello de una manera muy ausente. Éramos conscientes de que algo había pasado, pero no teníamos muy claro el qué, y mucho menos, el porqué. ¿Y qué sucede con las personas que vinieron al mundo después de 2002? ¿Cuál es su aproximación al tema? ¿Conocen, siquiera, que hubo tal catástrofe?
Como dice el poeta Ismael Ramos, “en dos décadas, el Prestige se ha convertido en una conversación de adultos mientras vamos en la parte de atrás del coche”. La fotografía tiene la capacidad de situar los silencios, de replantearlos. La fotografía es, de hecho, una herramienta de pensamiento crítico. Pensar, recordar, reparar. Fotografiar.
En Friccións sigo el rastro que permite desenterrar la desmemoria. Fotografiar las ruinas del desastre responde a mi interés por repensar el acontecimiento y, del mismo modo, invita a preguntarme por qué el recuerdo que mantengo sobre el mismo es tan poco nítido.
Texto curatorial de la exposición, escrito por Xosé Lois Gutiérrez Faílde.
////////////
FOTOZINE. Editado por Alauda Negra Papeis&Libros (2023).
Compra tu ejemplar aquí.
[GAL]
A catástrofe do Prestige é, para unha xeración, un acontecemento que se atopa no límite da desmemoria. Certamente, podería ser un eco, unha resonancia. Unha ferida mal curada.
As 64.000 toneladas de fuel derramadas polo petroleiro en novembro de 2002 orixinaron un dos maiores ecocidios da historia de Europa. Unha neglixencia grave dentro do modelo decadente, contaminante e próximo ao colapso que alimenta o mundo, foi quen de sepultar centos de quilómetros de costa galega.
Friccións evoca o rastro de violencia que deixou na Costa da Morte o naufraxio do Prestige. Dúas décadas despois do seu afundimento moitas das rochas conservan sobre a súa superficie unha escuridade que remite a trazas de chapapote. Nalgúns casos, a pegada resulta evidente; noutros, é doado confundila con elementos orgánicos semellantes. A presunción incorpórase como metodoloxía de traballo para reflexionar acerca das tensións existentes entre a erosión natural e a antrópica, entre a lembranza do accidente e a desaparición de todo vestixio.
Fotografar certos espazos e indicios permite reconstruír unha memoria non vivida do acontecido. Ao mesmo tempo, axuda a alertar da súa posible repetición: o risco inminente continúa habitando o presente globalizado.
[Nota da autora]
Neste proxecto exploro unha paisaxe, un acontecemento e un baleiro na memoria. A través dunha serie de accións propoño o meu punto de vista arredor do desastre do Prestige, un tema que serve como pretexto para afondar, desde os límites, nesa subxectividade.
O Prestige afundiuse cando eu tiña seis anos. Apenas recordo o que aconteceu, supoño que a magnitude do problema superaba os meus límites de comprensión.
Penso que a meirande parte das persoas que nacemos nos noventa compartimos a sensación de ter vivido todo aquilo dun xeito moi ausente. Eramos conscientes de que algo pasara, pero non tiñamos moi claro o que, e moito menos, o porqué. E que sucede coas persoas que viñeron ao mundo despois de 2002? Cal é a súa aproximación ao tema? Coñecen, sequera, que houbo tal catástrofe?
Como di o poeta Ismael Ramos, “en dúas décadas, o Prestige converteuse nunha conversa de adultos mentres imos na parte de atrás do coche”. A fotografía ten a capacidade de situar os silencios, de reformulalos. A fotografía é, de feito, unha ferramenta de pensamento crítico. Pensar, lembrar, reparar. Fotografar.
En Friccións sigo o rastro que permite desenterrar a desmemoria. Fotografar as ruínas do desastre responde ao meu interese por repensar o acontecemento e, do mesmo xeito, convida a preguntarme por que o recordo que manteño sobre o mesmo é tan pouco nítido.
[Fotozine]
«Friccións xorde no tempo convocado na efeméride do desastre do Prestige no pasado 2022; o evento a partir do que Ariadna Silva Fernández (A Estrada, 1996) constrúe este ensaio visual onde pulsa a memoria dun acontecemento sen pegada nin marca biográfica algunha.
O tránsito entre o xogo e a prospección compón o espazo narrativo dunhas fotografías que non procuran unha reconstrución documental. Son imaxes onde alumea a evidencia dun conflito epistemolóxico entre os límites da presencia naquilo que foi e a posibilidade dun relato que faga produtivo todo xesto que revele esa mesma fraxilidade da memoria e das súas formas.»
[ENG]
The Prestige catastrophe is, for a generation, an event on the brink of oblivion. Certainly, it could be an echo, a resonance. A badly healed wound.
The 64,000 tons of fuel oil spilled by the oil tanker in November 2002 caused one of the biggest ecocide in the history of Europe. A serious negligence within the decadent, polluting and close to collapse model that feeds the world, was able to bury hundreds of kilometers of Galician coast.
Friccións (Frictions) evokes the trail of violence left on the Costa da Morte (Coast of Death) by the wreck of the Prestige. Two decades after its sinking many of the rocks retain a darkness on their surface that resembles traces of crude oil. In some cases, its mark is obvious; in others, it is easy to confuse it with similar organic elements. Presumption is incorporated as a working methodology to reflect on the existing tensions between natural and anthropic erosion, between the memory of the accident and the disappearance of all traces.
Photographing certain spaces and signs allows us to reconstruct an unexperienced memory of what happened. At the same time, it warns us of its possible repetition: the imminent risk continues to inhabit the globalized present.
[Author’s Note]
In this project, I explore a landscape, an event, and a void in memory. Through a series of actions, I present my perspective on the Prestige disaster, a subject that serves as a pretext to delve into that subjectivity from the edges.
The Prestige sank when I was six years old. I barely remember what happened, I guess the magnitude of the problem was beyond my comprehension at the time.
I think that most of us who were born in the nineties share the feeling of having experienced all that in a very absent way. We were aware that something had happened, but we were not very clear about what, much less why. And what about the people who came into the world after 2002? What is your approach to the subject? Do they even know that there was such a catastrophe?
As the poet Ismael Ramos says, “in two decades, the Prestige has become a conversation for adults while we are in the back of the car”. Photography has the ability to point out silences, to rethink them. Photography is, in fact, a critical thinking tool. Think, remember, repair. To photograph.
In Friccións (Frictions) I follow the trail that allows us to unearth forgetfulness. Photographing the ruins of the disaster responds to my interest in rethinking the event and, in the same way, invites me to wonder why the memory I have of it is so unclear.
[Photozine]
«Friccións (Frictions) arises in the time called for in the ephemeris of the Prestige disaster in the past 2022; the event from which Ariadna Silva Fernández (A Estrada, 1996) builds this visual essay where the memory of an event without any trace or biographical mark pulsates.
The transit between the game and the prospecting makes up the narrative space of some photographs that do not seek a documentary reconstruction. They are images that illuminate the evidence of an epistemological conflict between the limits of presence in what was and the possibility of a story that makes productive every gesture that reveals the same fragility of memory and its forms.»